Opinión

O CIS, o INE e o refraneiro

[Xoán Costa]

Confianza na xustiza. Ese é un dos temas incluídos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) nun estudo feito público estes días con datos recollidos dentro do Indicador Multidimensional de Calidade de Vida para 2021, último ano con información.

A cidadanía galega é a que menos fía na xustiza no conxunto do Estado, se facemos caso a ese informe, centrado na actualidade, que segue unha metodoloxía común aos países da Unión Europea e presenta resultados validados polo Eurostat. 

O máis chamativo desa análise é que presenta conclusións que coinciden plenamente coa valoración recollida no noso refraneiro desde o século XVI. Vexan uns exemplos: Preito de pobre, na proba morre. A razón é unha cousa, a xustiza outra. Pobre con demanda, das probas non pasa. Xustiza, Deus a dea, que pouca se fai na terra galega. 
Son algúns dos “items” que o CIS popular integra na súa sabedoría e na súa experiencia. Porque xa se sabe, “a xustiza ten sete mangas e en cada manga unha maña”.

Comentarios