Opinión

As cifras dun fracaso

[Xoán Costa]

Os informes da OCDE sobre os sistemas educativos valoran estes en función da capacidade de acceso ao mercado laboral das persoas que cursan eses estudos. O derradeiro cifra no 28 % as persoas que teñen entre 25 e 34 anos e non superaron 2º de ESO e sitúa o Estado Español nunha posición ben difícil. A cifra duplica a media, 14%, dos Estados que participan no informe. Dicer que as cifras melloraron moito na derradeira década, xa que en 2011 a porcentaxe chegaba ao 35%, non deixa de ser meter o lixo debaixo da alfombra. Mais a cifra ficaría incompleta se non consideramos aqueles e aquelas que, rematando os estudos da ESO, non completan o bacharelato, ficando así impedidos do acceso á Universidade ou aos estudos de FP. Aí temos que engadir, nesa mesma franxa de idade e xa no caso da Galiza, outro 24%.

Atribuír o fracaso a que estas persoas medraron nunha sociedade que non valoraba os estudos, é non afrontar o problema. Vostedes pensan que non teñen nada a ver as políticas educativas, o menor investimento, a redución de profesorado...?

Comentarios