Opinión

Castelao estorba

[Xoán Costa]

O alcalde de Malpica, perante a polémica surxida despois de mandar borrar as referencias a Castelao dunha obra de Yoseba MP e substituílas por unha imaxe do lobo que figura no escudo do Concello, di preferir non facer declaracións. Tamén desde o Concello sinalan que esperarán até que a obra estexa terminada para valorar o acontecido. 

Mais, que obra?

Non lle poñades chatas â obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe n´ela; hay sitio para todos” 

Ignoro se o alcalde, ou o viciño doador do bronce, coñecen esa frase que, con clara intención prologal, sitúa Castelao ao pé da estampa que abre o album Nós. Unha mensaxe coa que define os ideais que orientan toda a súa práctica artística, política e humana, coa ollada posta sempre na dignificación das clases traballadoras, labregas e mariñeiras, tamén das de Malpica. Debería tela presente o rexedor de Malpica se quere que nesa vila haxa sitio para todos. Tamén, claro é, para Castelao e o que representa.

Comentarios