Opinión

O caso Jungle World

Que haxa xente na Galiza que dá a cara polo galego é a mellor garantía de que a lingua (e o país) ten futuro.

Que haxa xente na Galiza que dá a cara polo galego é a mellor garantía de que a lingua (e o país) ten futuro. Fóra de voluntarismos, a reportaxe a dupla páxina que publicamos este número 168 de Sermos Galiza mostra que si, que hai moitos galegofalantes que si defenden os seus dereitos e que si combaten civicamente para conseguir a normalidade para o galego. O recente caso de Jungle World revela que o conflito lingüístico na Galiza continúa moi vivo e que as vítimas da discriminación están sempre do mesmo lado. Revela tamén que hai persoas, como Belén Tajes, que mesmo teñen a afouteza de denunciar a empresa na que traballan nun sector, o privado, en que a desprotección dos dereitos lingüísticos é ainda maior do que no público.

O papel do Goberno galego é aquí obviamente vital. As declaracións realizadas a Sermos Galiza por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, a respeito de Jungle World -responsabiliza a empresa de vulnerar a Lei de Servizos sociais e de "ignoración" dos dereitos lingüísticos"- xulgámolas como positivas. Aliás, delas deben decorrer consecuencias prácticas para que atropelos como o sofrido por Belén non fiquen impunes.

Comentarios