Opinión

Cartos

[Xesús M. Piñeiro]

A principal vía de comunicación da Galiza continúa a ser un negocio para fondos internacionais máis que unha infraestrutura ao servizo dos galegos e galegas. 2020, ano marcado polas restricións na mobilidade e no tráfico derivadas do confinamento, deixou para Audasa uns beneficios de case 38 millóns de euros.

Facturou 128 millóns malia que o tráfico caeu nese ano en 28%, rexistrando mínimos históricos.

Non está de máis lembrar que estamos a falar de apenas 220 quilómetros, de Ferrol a Tui, que xeraron perto de 3.000 millóns de euros desde a súa posta en servizo, por tramos. Os custos de construción non chegaron a 1.500 millóns. Anualmente factura por volta de 140 millóns e a concesión non caduca até 2048. 

Tampouco cómpre perder de vista que a AP-9 aplicou ao principio deste ano a maior suba de prezos das autoestradas no Estado español, o que lle pon en bandexa un exercicio de máis e mellores beneficios.

Os compromisos adquiridos polo Goberno español coa Galiza a través do acordo de investidura co BNG no que atinxe á A-9 agardan a ser cumpridos. Quen máis celebra o atraso no incumprimento, a concesionaria.

Comentarios