Opinión

Cantares Gallegos e as municipais

[Xoán Costa]

En 1963 a RAG estabelece o Día das Letras Galegas. É o centenario da publicación de Cantares Gallegos, cuxa dedicatoria aparece asinada o 17 de maio de 1863, nunha evidente complicidade de Rosalía con Murguía que, nese día, fai 33 anos.

Pasaron 160 anos da publicación daquel texto e estamos en campaña eleitoral para unhas eleizóns municipais. Lean o Prólogo de Cantares Gallegos. Comprobarán que os elementos básicos da análise que Rosalía fai sobre a Galiza seguen vixentes, que a “fatuidade dos iñorantes” é tanta ou aínda máis.

No século XXI son máis de 80.000 os mozos e mozas galegas que emi-graron, non tanto para procurar un futuro mellor como para ter un presente precario. As políticas agrarias e pesqueiras -as de Europa e as de España- impídennos traballar. O noso vento move muíños alleos; a nosa auga bébena multinacionais da enerxía hidroeléctrica. Nen sequer podemos administrar os camiños polos que pagamos por circular e as peaxes da AP-9 van dar a un fondo neerlandés, “mais a miña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo o máis, tense que contentar cunhas páxinas frías e insulsas” na prensa.

Leamos Rosalía e, con ela, poderemos afirmar que quen se “esforsa por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente a súa patria, é acreedore a algunha indulxencia”

Comentarios