sábado 29.02.2020

Caixas de música

[Xoán Costa]

A metáfora da porta xiratoria úsase para describir o camiño que seguen algúns cargos públicos desde o seu papel de lexislador ou regulador no goberno ou na administración e un posto, unha vez que abandona as funcións anteriormente citadas, nunha empresa privada, ou privatizada, afectada por unha lexislación ou regulación xestada nas áreas de goberno en que esa persoa era competente.

Na realidade é unha das moitas formas que o capitalismo clientelista adopta para obter a través de permisos legais algún tipo de recoñecemento dos seus intereses e está tan asentado que xa nen se respeitan os límites temporais que a lei marca entre o abandono da xestión pública e a incorporación a unha empresa privada.

Na Franza, onde o non cumprimento da lei pode levar a multas e cárcere, ao lado de porta xiratoria úsase a expresión caixa de música. De aplicarmos esta metáfora na Galiza axiña contaremos con toda unha orquestra sinfónica. Os nomes dos intérpretes son ben coñecidos

Caixas de música
comentarios