Opinión

Branquear

[María Obelleiro]

Foi a loita social a que librou e gañou a batalla para que o Pazo de Meirás pasase a ser un ben público. Sen o movemento galego da memoria, non estariamos a asistir ao debate sobre os futuros usos do inmóbel espoliado por Franco. Volve ser a sociedade quen ergue a súa voz contra o papel que lle ten reservado o Goberno galego ao pazo para cando o transfira o Goberno estatal. O Executivo de Feixoo, apelando á figura da condesa Emilia Pardo Bazán, quere servirse do feminismo para branquear a ditadura e para evitar facer de Meirás un centro dedicado á restitución da memoria.

Mulleres galegas, integrantes de colectivos feministas, veñen de lanzar un manifesto para instar a Xunta a dedicar o pazo a recuperar a memoria cunha perspectiva nacional, de clase e de xénero, pois foron moitas as galegas represaliadas e as que loitaron contra o fascismo. Hoxe mesmo recuperamos a figura de Carmen González Pernas, unha das galegas que se rebelaron contra a ditadura e cuxa historia permanece no ostracismo.

Comentarios