Opinión

Biden, ao John Wayne

[Xesús M. Piñeiro]

E ntre as políticas de Donald Trump que Joe Biden non tocou está a política migratoria. O presidente demócrata prorrogou medidas do republicano que facilitaban as deportacións masivas. É Biden, logo, o mesmo que Trump? Non. Mais Biden, como Trump –como Obama e antecesores– manteñen unha política migratoria na que os dereitos humanos son papel mollado? Mantén.

As imaxes da gardas fronteirizos brancos de EUA a cabalo batendo e acurralando inmigrantes haitianos negros si que é un 'wetern crepuscular' e non o 'Sen Perdón' de Eastwood. Nesa imaxe está todo: o poder 'abusador', a diferencia de raza, a diferencia de clase... A propia Casa Branca tivo que saír ao paso e tratar de explicar que aquilo que estabamos a ver (gardas brancos a cabalo expulsando negros haitianos pobres) non era o que a Casa Branca quería que pasase cando enviou gardas fronteirizos brancos a cabalo a expulsar negros haitianos pobres. Por iso, anunciaron, van abrir unha investigación. Non queren que se lles vexa como se fosen John Wayne malia que actuaron como se fosen John Wayne. E, como nos ensinaron os MDC naqueles vellos casetes que corrían de man en man, "John Wayne was a nazi".

Comentarios