Opinión

Bancos e política

[Xesús M. Piñeiro]

O Concello de Campo Lameiro vén de convocar unha mobilización contra a decisión de Abanca de fechar a súa oficina neste municipio e declara o presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet, “persoa non grata”. Os concellos de Vimianzo, Zas e A Baña anuncian accións conxuntas contra o fechamento de sucur-sais e urxen Feixoo a actuar. Mais a resposta da Xunta é, como de-nuncia oposición e sindicatos, “subvencionar novos peches de oficinas no rural”.

A exclusión financeira, a dificultade de persoas e/ou territorios no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral; é unha realidade na Galiza para miles de persoas. A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte.

Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión fi-nanceira aumentou en Galiza en 49%, 15 puntos por riba da media es-pañola, que é de 34%. Os novos feches de sucursais e oficinas alargan es-ta problemática ante a cal, máis unha vez, a resposta da Xunta é a de non actuar. Que para iso gobernan.

Comentarios