Opinión

Baixo sospeita

[Xesús M. Piñeiro]

Asegunda onda de coronavirus implica tamén a formulación de preguntas diversas ás que algúns tentan dar unha resposta simple e simplificada e, polo tanto, incorrecta. Que fallou? Que falla? Por que aplicando medidas tan restritivas na primeira onda o Estado español lidera índices de contaxios?

Na Galiza a Xunta sinala o alumnado universitario como culpábel da mala evolución do coronavirus en Compostela embora os datos desmintan estas afirmacións: os contaxios entre a comunidade univesitaria son mínimos e non explican a evolución de infeccións nesta área sanitaria. A nivel de Galiza e Estado en non poucas ocasións algúns medios e responsábeis políticos sinalan a mocidade ('botellóns', 'festas'...) como a principal responsábel da estensión da Covid.

Como se á hora de falar do que está a pasar nesta segunda onda non importase a precarización da sanidade pública, a mobilidade, as condicións de habitabilidade, a masificación no transporte, as condicións laborais… E en base a unha interpretación simple e errada non se pode construír unha actuación efectiva contra a Covid.

Comentarios