Opinión

Ayuso e Feixoo, unha relación transitiva

[Xoán Costa]

O siloxismo hipotético representa unha das regras da lóxica básica. A fórmula A=B e B=C, A=C indi- ca que, nunha relación de conxuntos, se un elemento se relaciona con outro a través dunha serie de propiedades e este último cun terceiro, daquela, o primeiro tamén se relaciona co terceiro.

Este siloxismo, coñecido nas matemáticas como relación transitiva, representa ben a relación, política, entre Feixoo e Ayuso e as medidas que esta defende e aplica, especialmente en ensino, sanidade e concepción de España.

Ora ben, se A(yuso) se enfronta a C(asado) polo control do PP de Madrid, podemos aplicar o siloxismo e dicer que B (neste caso Feixoo) tamén se enfronta a C? Posiblemente si, aínda que ese enfrontamento sexa máis para tomar el propio posicións na política estatal.  Non esquezamos que desde hai un tempo Ayuso identifica e equipara Madrid con España. Feixoo sábeo, concorda coa idea, aproveita para aplicar na Galiza políticas afíns ás que defende Ayuso e non fica descolgado da política do Estado. Pura lóxica.

Comentarios