Opinión

Asumir responsabilidades

[Xoán Costa]

Nesta pasada fin de semana, pendentes de se á Galiza chegaba ou non a fogaxe anunciada, chegou, acompañado de máis de 1.400 raios,  o rei emérito. Instalouse en Sanxenxo coa compracencia do Partido Popular e do seu recén chegado presidente, que, insiste, o ex-rei non ten causas pendentes coa xustiza. Xa o sabemos e poderíamos preguntarnos cal é a verdadeira razón de non as ter e se ten algo a ver esa ausencia de causas con ser o cidadán co documento de identidade número 00.000.010. 

Mais non foi aí onde se centrou o debate mediático: foi en se debe ou non, segundo uns pedir perdón e segundo outros dar explicacións. Explicacións de que? Foi a reacción do emérito. Certo, o que precisamos non son explicacións. É a asunción de responsabilidades, dunha banda polo proprio Borbón, e doutra por parte das institucións do Estado. Mentres, e por moitas Cidades da Xustiza que inaugure o outro rei, pouco cabe esperar. Só cando se produza unha investigación sen interferencias que permita aclarar o sucedido poderemos falar de fin da transición.

Comentarios