Opinión

Asterix, menos mal

[Xesús M. Piñeiro] 

Esta semana púxose á venda ‘Astérix e o grifón’ , o título do novo álbum da serie clásica de banda deseñada que narra as aventuras dos galos que resisten ao imperio romano. A obra que asina o equipo formado por Jean-Yves Ferri e Didier Conrad saíu á venda en dezasete linguas de forma simultánea, entre elas galego (RAG) e galego internacional, en edición física e en formato electrónico.

O traballo de tradución correu a cargo de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar. Na nova aventura, Astérix e Obélix partenn nunha expedición ás beiras do río Don á procura do mítico grifón para acudir en axuda do seu amigo Cékankondine.

Ao conto: menos mal que nos queda Astérix. En pleno debate sobre o dereito a gozar de plataformas, series e canles auidiovisuais en galego é bo que un clásico como o de Asterix manteña o seu compromiso co galego, unha lingua que Astérix fala desde 1976. Foi o escritor Eduardo Blanco Amor pioneiro no labor baixo o pseudónimo Juan Blanco. Ninguén mellor que o guerreiro da Bretaña para representar a loita da aldea que resiste (Galiza) contra o impero da uniformización lingüística.

Comentarios