Opinión

As pibas

[Xesús M. Piñeiro]

Anda que non o batallaron e loitaron. Anda que non aguantaron e resistiron. Anda que non soportaron, caeron, levantaron. Anda que non aturaron. E gañaron: a Arxentina legalizou o aborto seguro e gratuíto na sanidade pública durante os primeiros 14 semanas de embarazo. Un avance enorme, un paso de xigante que agora moitos medios e tamén partidos políticos recoñecen que se debe ao “aguante de las pibas”.

Porque as ‘pibas’ mantiveron durante anos e contra vento e maré a loita polo dereito ao aborto. Mesmo no seo de organizacións e colectivos que se situaban na beira política que di loitar polos avanzos para o pobo e que non sempre acompañou esa loita.

Lograron que a Arxentina se tinxise de verde, a cor polo dereito ao aborto, até que a demada de “é urxente” tornou na festa de “é lei”. As pibas lograron que se lles recoñeza lberdade e autonomía para decidir sobre os seus propios corpos. Finiquitaron unha lei que amparaba a violencia, que provocaba que a morte nun aborto fose a primeira causa de  mortaldade xestante. 

Unha vez máis, unha vitoria delas, das pibas, para beneficio de todas e todos.

Comentarios