Opinión

As contas

[Xesús M. Piñeiro] 

O papel de Feixoo como valedor da Galiza fronte ao goberno español na reclamación da débeda de 200 millóns de euros do IVE ten un problema: o presidente dos galegos e galegas só adopta ese papel cando quen goberna no Estado non é o seu partido. Fai coa reclamación da débeda o mesmo que ten feito, por exemplo, cos prazos do AVE ou a transferencia da AP-9. Calar cando non xustificar cando en Madrid están os seus o que despois reclama cando están os outros.

A débeda do IVE abre a porta a poñer riba da mesa o necesario debate sobre o financiamento 'autonómico'. Explícita ou implicitamente todos os partidos na Galiza recoñecen a necesidade de actualizar ou revisar un modelo 'caducado' desde hai anos. Máis alá de propostas como ter en conta criterios que recollan realidades do país como a dispersión ou avellentamento poboacional, un verdadeiro modelo de financiamento acaído para Galiza debería de ser aquel que sexa unha ferramenta para un autogoberno merecente de tal nome: o de poder decidir sobre as nosas contas.

Comentarios