Opinión

Arde

[María Obelleiro]

Máis unha vez botamos as mans á cabeza, lamentamos os incendios que estragan aínda máis a Galiza e ollamos cara ao ceo coa esperanza de que a chuvia contribúa a apagar o lume e de que o vento non se levante. Non só queiman árbores e monte, senón tamén cultivos, paisaxe, bioversidade, patrimonio... estamos ante un problema de país que require dunha ordenación integral do territorio. Ano tras ano, o mesmo drama, as mesmas chamadas á moral dos incendiarios, mais non se adoptan decisións tan valentes como necesarias en aras dunha ordenación do monte multifuncional que prime as especies autóctonas, que poña fin ao reinado do eucalipto e que impida o baleirado do rural.

Cómpre tamén recuperar a superficie agraria útil e favorecer o acceso a terras con instrumentos como o Banco de Terras, así como impulsar os montes veciñais para garantir a súa sustentabilidade. Ademais, é necesario reverter a perda de poboación no rural e facelo dinámico, mais para isto é necesario apostar nel e garantir servizos. Os incendios do verán apáganse no inverno.

Comentarios