Opinión

AP-9, un paso adiante

[María Obelleiro]

A rebaixa no prezo das tarifas da AP-9 presentada pola ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, representa un paso adiante para as persoas usuarias da principal vía de comunicación da Galiza. A medida que hoxe aproba o Consello de Ministras e Ministros recolle algunhas das demandas formuladas desde hai anos pola cidadanía galega e recollidas no pacto de investidura entre o BNG e PSOE, que posibilitou a elección de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español en xaneiro de 2020.

As novas tarifas non atenden todos os compromisos aos que se comprometera o PSOE co BNG 2020 e que foran incorporados ao programa do Goberno de coalición. Neste sentido, é de agardar que nos próximos meses se avance para estender estas rebaixas a outras autoestradas galegas e para que fique reducida a rede viaria de pago da Galiza, que a partir do primeiro de agosto representará máis da metade do Estado. Ao tempo, fica pendente a transferencia á Galiza da titularidade da AP-9, un acordo unánime do Parlamento galego aínda por facer efectivo.

Comentarios