mércores 25/11/20

Amnistía paisaxística

[Xoán Costa]

A conselleira do Medio Ambiente presentou en días pasados un documento que recolle as normas que se deben integrar en todas as accións a desenvolver no territorio galego nos próximos anos coa finalidade de preservar e coidar os valores paisaxísticos.

O documento, se chega a ser norma o próximo ano, pode ser unha sorte de lei de amnistía paisaxística por canto se van manter activos os grandes focos de impacto visual actuais. Anúnciase que as infraestruturas enerxéticas (tendidos e redes) deberán ser soterradas mais as grandes liñas de alta tensión que agora mesmo cruzan Galiza para levar fóra a enerxía que producimos ficarán como están; tamén se di que só se permitirá a abertura dunha canteira ou mina se esta é rigorosamente xustificada. E logo, podería ser de outra maneira?

Coa norma, di a conselleira, avanzamos un chanzo máis no camiño iniciado polo actual goberno hai mais de 10 anos. Certo, un camiño cheo de muíños de vento, de liñas de alta tensión e de eucaliptos.

comentarios