domingo 28/02/21

Amiguísimos

[Xesús M. Piñeiro]

Un ex conselleiro do PP fai de nexo de unión entre Siemens Gamesa e Greenalia, empresa eólica na que desembarcou no seu día a ex conselleira de Medio Ambiente Bea Mato nun exemplo de portas xiratorias. 

A política da Xunta favorábel aos intereses do sector do xogo desconcerta as asociacións que traballan na rehabilitación de persoas xogadoras e acubilla dúbidas e sospeitas sobre as conexións entre o PP e a patronal desta actividade.

Mentres, Sanidade suspende cirurxías en Compostela, Ferrol e na Coruña ante a previsíbel falta de camas e o presidente da Xunta apela á responsabilidade individual como solución á pandemia nunha liña discursiva propia de Díaz Ayuso, mandataria á que Núñez Feixoo se asemella moito máis do que algúns medios queren ver.

Galiza é como se funcionase en dúas dimensións diferentes: a Galiza onde seis de cada dez fogares galegos chegan a fin de mes "con dificultade" ou "con moita dificultade" ou onde catro de cada dez teñen como principal fonte de ingresos as prestacións.

E, por outra banda, a Galiza dos que teñen quen os atenda, como o sector do xogo.

comentarios