Opinión

Amén

[Xoán Costa]

Nesta época de verán retornan as festas e as correspondentes comisións que han recadar a cota correspondente a cada casa da parroquia para honrar como se debe a patroa ou o patrón. O modelo de recadación pode ser igualitario ou proporcional, iso xa dependede se paga máis quen máis ten. Para este ano, con todos os marcadores a indicar que estamos á porta doutra crise, coa inflacción en cifras históricas e, en paralelo, coas eléctricas, as petroleiras es as fábricas de armas recollendo beneficios históricos, reúnese en Madrid unha comisión de festas moi especial para honrar como se debe o patrón USA e os xigantes da industria armamentística, tamén cos USA á cabeza en vendas e cota de mercado. O Estado Español, en estado de reverencia total pola alianza otánica, entra na festa. A cota a pagar non é das baixas. Os barcos que han chegar a Rota non se van fabricar en Navantia. Mais, dío Sánchez, dío Feixoo, isto é cuestión de Estado. Somos aliados fieis e os fieis seguen a doutrina sen a cuestionar. Amén.

Comentarios