Opinión

Amén

[Xesús M. Piñeiro]

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou que os capeláns que prestan os seus servizos nos hospitais galegos sexan considerados persoal laboral do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Os maxistrados destacan que a "actividade pastoral" que realizan os sacerdotes é "allea totalmente ao Sergas". Algo tan lóxico que os responsábeis da sanidade pública galega non caeran na conta. Por iso os orzamentos da Xunta destinan cada ano por volta de 700.000 euros en capeláns para a sanidade pública.

Os efectos da política de recortes en sanidade que deteriora e precariza áreas como Atención Primaria, Pediatría, Urxencias ou Psiquiatría non afecta en absoluto aos servizos relixiosos nos hospitais públicos e concertados de Galiza. Nos hospitais galegos hai medio cento prazas de relixiosos, a maioría a tempo completo, e onde a Xunta gastaba uns 60.000 euros mensuais. Ante esta situación, o TSXG vén de ditaminar que a deus o que é de deus e ao Sergas o que é do Sergas. Amén.

Comentarios