Opinión

Alfonso Rueda e as competencias

[Xoán Costa] 

Alfonso Rueda reclama máis competencias para a Xunta xestionar adecuadamente a COVID19. A vía idónea, di el, sería a través da modificación da Lei de Medidas Especiais en Materia de Saúde Pública para permitir aos gobernos autonómicos tomar medidas perante os surtos futuros. Dito de outra maneira, pide Rueda que a Xunta de Galiza sexa a Delegación do Goberno do Estado en vez de reclamar esas competencias necesarias pola vía das transferencias. 

Rueda é vicepresidente dun Goberno que en 12 anos non conseguiu ningunha transferencia a Galiza a pesar de na campaña de 2009 prometer máis de 70. A derradeira vez que o Estado transferiu algo a Galiza foi en xullo de 2008. En concreto, un paquete de 7 transferencias que situaban en 12 as conseguidas desde 2005 cando o posto de vicepresidente estaba ocupado por Anxo Quintana.

Daquela,  Rueda, que contou mal e falou de “14 traspasiños de asuntos menores”, acusou o goberno presidido por Pérez Touriño de “sometemento a Madrid en materia de autogoberno”. Agora só pide que Madrid goberne Galiza.

Comentarios