Opinión

Aí veñen

[Xesús M. Piñeiro] 

Xestionar, e ben, unha crise como a do coronavirus non se aprende en ningunha universidade. Nin en ningún curso de política comparada. Nin ter unha ampla traxectoria de xestión pública ou experiencia política garante saber responder cando chega unha crise (sanitaria, política e social) cuxas consecuencias, mesmo unha vez que finalice a 'urxencia sanitaria', van ser devastadoras.

Na Galiza, ademais, esta crise chega tras anos de políticas para a sanidade e servizos sociais que estiveron marcadas pola privatización, pola redución de medios e precarización do persoal nos servizos públicos, polo deterioro calculado de todo o que tiña a ver cun modelo de benestar, desde a sanidade até as residencias. E iso ten responsábeis aquí.

A estratexia de Feixoo pasa por responsabilizar de todo ao Goberno español. Une a súa voz así a un coro no Estado que comeza a perceberse con claridade nestes días. Desde tribunas políticas e editoriais de prensa madrileña e 'de provincias' vén a mensaxe de que esta desfeita só ten unha saída. Pola dereita, claro. Polos de sempre. Aí veñen

Comentarios