Opinión

Acto de servizo

Xoán Costa

A militarización da xestión da COVID-19 é algo evidente, non só pola presenza do exército na rúa mais tamén pola visibilidade que se lle dá nos medios. Nas comparecencias de prensa aparecen, xunto aos técnicos e os responsábeis políticos, os altos mandos militares. E a linguaxe que se utiliza é a dos partes de guerra. Fálase de unidades militares que “toman” residencias de anciáns. Hai dous  días o rei Filipe sae de palacio para visitar o hospital de campaña de Ifema e agradecer “o esforzo e sacrificio” que está a facer o exército. Onte mesmo, divulgábase a instrución segundo a cal os gardas civís que se contaxien de coronavirus serán considerados infectados en acto de servizo e compensados como corresponde.

Quero pensar que tal consideración será estendida a todo o persoal sanitario que morre ou se contaxia; a todas as caixeiras de supermercados que son obrigadas a traballar máis horas das debidas sen as necesarias medidas de protección; a todos os repartidores da venda online que teñen que traballar para manter o negocio das multinacionais. Mais vai ser que non.

Comentarios