Opinión

Á vangarda

[Xesús Piñeiro]

O combate contra a pandemia da Civid-19 desenvólvese en diferentes frontes, desde a sanitaria até a económica e a social ou a política. E tamén na de investigación, quizás unha das máis importantes, pois será dela da que saian os elementos para derrotar ese virus e, no traballo cara a ese obxectivo, abrir as portas a permitir derrotar outros.

As universidades galegas están a xogar un papel máis que destacábel nesta fronte. Desde investigacións sobre o virus até estudos para analizar as súas consecuencias, desde traballos para predicir a súa evolución até equipas que se centran nas necesidades hixiénico-sanitarias na loita contra a Covid-19.

Ao longo destes anos, desde o campo universitario, e outros, lamentouse a pasividade e desleixo das Administracións na Galiza á hora de apostar na I+D+i, unha porta que permitiría, a medio e longo prazo, desenvolvementos positivos para o país en múltiples eidos, tamén o social e o económico.

O investimento en I+D na Galiza está por baixo da media no estado e na UE. E aínda así, e malia precariedade denunciada polos investigadores, avánzase. É mérito, en grande medida, deles.

Comentarios