Opinión

A renuncia de Filipe VI

[Xoán Costa]

Na lámina 23 de Nós Castelao presenta dúas cativas sentadas no chan, unha de costas volvidas para nós, a outra de fronte. Que comerá o rey? Pergunta unha. Ao que responde a outra: comerá... comerá... zucre. Zucre debe ser o que comeu o rei Filipe VI antes de anunciar que renuncia á herdanza do seu pai, ou polo menos á parte considerada menos lexítima e sobre a que o proprio Parlamento español non quixo investigar.

E sucede todo isto coincidindo cun proceso de recentralización do Estado por Real Decreto! Casualidade ou oportuni-dade, o certo é que o Rei da España, que segundo se nos di, canto a dereitos civís non ten máis nen menos dos que eu teño, anuncia que renuncia á herdanza, contradicindo o que di o artigo 816 do Código Civil, cando afirma que “non cabe renunciar a unha herdanza futura” xa que ninguén pode renunciar a dereitos que aínda non adquiriu. Porque a renuncia á herdanza na lexislación española só se pode exercer cando se ten ese dereito, neste caso des-pois de morrer o rei emérito. Ora ben, pode renunciar ao que xa herdou: o trono.

Comentarios