Opinión

A ONU alerta

R ecollemos neste número de Nós Diario dúas informacións que teñen a ver con dous informes divulgados polas Nacións Unidas. Un relativo á lingua galega e outro ao cambio climático. O relator da ONU para as minorías advirte das "vulneracións dos dereitos lingüísticos" que padecen as galegas e galegos. Cita por vez primeira neste documento o caso da Galiza e denuncia a "incorrecta aplicación da lexislación e das iniciativas a favor do galego". Engádese que as e os galegofalantes "non poden empregar a súa propia lingua coas autoridades públicas na Galiza, malia o aparente dereito a facelo".

Trátase dun novo tirón de orellas ao Goberno de Feixoo, após coñecerse que o Consello de Europa instou á derrogación do chamado decreto do plurilingüismo, que impide o uso do galego nas materias de ciencia. As autoridades deben adoptar medidas en defensa do idioma antes de que sexa tarde, ao igual que acontece no caso do cambio climático. Actuemos agora para non nos lamentar no futuro.

Comentarios