Opinión

A mala educación

Hai promesas que leva o vento. Evidenciouse na anterior lexislatura do Congreso: nin reformas laborais derrogadas, nin Lomce derrogada e nin Lei mordaza derrogada. E iso que eran medidas recollidas por PSOE e por Unidas Podemos nos seus respectivos programas. Ambos os partidos teñen agora a posibilidade de avanzar nos dereitos sociais e laborais deixando sen efecto as citadas normativas.

Nada impide que o Goberno estatal derrogue a Lomce, privatizadora, retrógada e centralizadora. O Executivo encabezado por Sánchez debería primar un modelo respectuoso co carácter plurinacional, pluricultural e plurilingüístico do Estado e permitir que Galiza conte cunha lei propia de educación que responda ás necesidades do sistema educativo galego. Un ensino cuxa gratuidade total -desde o material didáctico ás actividades extraescolares e o comedor- debería estar garantida. A mellora das condicións do persoal docente, que se viron recortadas nos últimos anos, debe ser outro dos obxectivos inaprazábeis.

Comentarios