domingo 28/02/21

A infamia

[María Obelleiro]

Amilleiros de vítimas galegas da represión seguen a negarlles o dereito á xustiza, á verdade e á reparación. Onte mesmo familiares de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz formalizaron a súa adhesión á querela arxentina contra o franquismo aberta pola xuíza María Servini. A causa que se tramita na Arxentina deixa ao descuberto a natureza do réxime político español, construído na Transición como resultado dun acordo entre os herdeiros políticos dos verdugos e dunha parte das vítimas.

A querela arxentina é a expresión da anomalía política española e unha mostra da súa baixa calidade democrática. O procedemento, aberto en 2010 a partir dunha demanda do galego Darío Rivas, fillo de Severino Rivas, alcalde de Castro de Rei asasinado polos fascistas, trata a represión cometida polo réxime franquista de xenocidio e de crimes contra a humanidade. A Lei de Amnistía de 1977 é chave para garantir a impunidade no Estado español, mais o anteproxecto da Lei da Memoria Democrática esquiva a cuestión e non contempla mudanzas ao respecto.

comentarios