Opinión

A Ence xiratoria

[Xesús M. Piñeiro]

As portas xiratorias son un dos asuntos máis escabrosos da política. A ausencia de regulación permite que políticas e políticos pasen de ocupar un despacho público a participar na dirección de empresas, facendo negocios mesmo en sectores cunha alta dependencia das decisión gobernamentais.

Por volta de 60 ex altos cargos políticos españois traballaban para compañías que cotizan no IBEX 35. Felipe González, Villar Mir, Josep Piqué son algúns dos nomes máis coñecidos. Galiza non é unha excepción.

E no noso país esta práctica aparece ligada moitas veces a unha empresa concreta, Ence. O caso máis relevante é o de Carlos Del Álamo, director xeral de Montes entre 1990 e 1996 e conselleiro de Medio Ambiente entre 1997 e 2003. Mais o seu non é o único caso.

Desde a privatización de Ence en 2001, Xunta e Goberno español adoptaron en varios momentos decisións importantes que beneficiaron a empresa. En paralelo, importantes nomes da política española pasaron ao seu consello de administración. Non fai falla dicir moito máis.

Comentarios