Opinión

A banca gaña

[María Obelleiro]

Se non foi suficiente coas axudas públicas que se contan por millóns, o sector bancario volve beneficiarse do diñeiro da Xunta da Galiza. Desta vez, o Goberno galego sufragará a instalacións de caixeiros automáticos onde non hai oficinas. En base a un acordo marco entre a Administración galega e a Fegamp, a Xunta custeará que a banca lle aprenda á veciñanza a usar a banca electrónica e os caixeiros. Os concellos serán quen asuman o custo dos subministros de electricidade e telefonía, ademais da limpeza dos locais en que se instalen.

A exclusión financeira é unha consecuencia directa da reestruturación bancaria, do seu proceso de concentración e centralización. Ademais de perder a Galiza un sistema financeiro propio, o fechamento de sucursais e oficinas bancarias afecta boa parte do territorio. Entre 2008 e 2016, o número de persoas en situación de exclusión financeira aumentou un 49% na Galiza. Ademais, entre 2008 e 2018 botaron o fechamento 936 oficinas bancarias, un 37% das existentes. A isto hai que sumar os ERE e ERTE na banca. E que fai a Xunta? Axudar as entidades financeiras con máis diñeiro público.

Comentarios