Opinión

9 de maio

[Xesús M. Piñeiro]

O 9 de maio caduca o estado de alarma e non vai haber prórroga nin renovación desta medida excepcional, tal e como o Goberno español leva advertindo desde hai varias semanas. Ábrese pois, un novo escenario, no que os Executivos de cada territorio manobran en base ás súas competencias, criterios e (tamén) interese político.

Feixoo xa anunciou que adeus ao toque de recoller e que rematou o fechamento perimetral da Galiza. Aproveitou para se laiar pola fin do estado de alarma, o mesmo que criticou en numerosas comparecencias o ano pasado, e para atacar o Goberno español.

Máis aló do rifi-rafe entre Madrid e Santiago, a dúbida que paira en moitos galegos e galegas é que vai supor este novo escenario, por moitas ganas de deixar atrás restricións que haxa. O 9 de maio non acaba ese estado de alarma que é unha crise económica e social que deu unha volta de porca a peor á vida da maioría. E as solucións a isto non veñen dun discurso presidencial, por moi bonito que sexa.

Comentarios