Opinión

250 números de Sermos Galiza

Con este número 250 de Sermos Galiza celebramos tamén o V aniversario do medio. Facémolo coa publicación dun suplemento especial de 64 páxinas, con 15 entrevistas e 15 análises, que compoñen unha radiografía dos diferentes sectores e que se suman ás 40 páxinas do semanario. Un total de 104 páxinas de intereses galegos.

Concibimos o suplemento como unha ferramenta coral -con máis de 30 voces- que afonda na realidade do país e como peza imprescindíbel de colección con vida alén da efeméride dos cinco anos. Unha publicación sen precedentes apoiada por numerosos anunciantes e que permite ollar Galiza desde nós e o mundo desde Galiza.

Após estes cinco anos, seguimos a apelar as persoas e colectivos máis conscientes da sociedade a se comprometeren no obxectivo de afortalar e alargar o papel de Sermos Galiza. Hai lugar para a mellora, e faremos todo o que estea da nosa man para que así sexa. Precisamos de cada unha e cada un de vós, desa Comunidade Sermos que fai posíbel o proxecto –accionistas; subscritoras; colaboradoras e colaboradores que dedican o seu saber e tempo, de maneira desinteresada, ao Sermos; lectoras e lectores–­­­­ para facer máis visíbel o medio e para contarmos con máis relevancia social sobre a premisa de que a consolidación dun espazo galego de comunicación é necesaria para asegurarmos un espazo de decisións propio.

Comentarios