Opinión

2024

[Xesús M. Piñeiro]

As eleccións do domingo deixan un escenario político cuxa translación á representación parlamentar concrétase na redución a tres forzas políticas (PP, BNG e PSdeG) após a 'volatilización' electoral do espazo que representa Galicia en Común e o novo fracaso de Vox e Cs, que non lograron representación na Galiza.

A nova maioría do PP de Feixoo (a cuarta, igualando así a marca de Fraga) e o 'sorpasso' do BNG a PSdeG provocan que análises e reflexións se incen de metáforas e referencias a un "volvemos a 1997". En realidade non hai nada diso. Galiza non volve politicamente 23 anos atrás porque esta Galiza non é a de 1997. Nin tampouco bota fecho a ningún ciclo electoral ou mobilizador cuxa data de principio e fin semellan ser competencia exclusiva de certos 'popes' político-mediáticos da capital do Estado. Os galegos e galegas votaron e a historia non retrocede a 1997 senón que xa avanza cara a unha nova cita, en 2024. E a alternativa de cambio a presentar nesa data -e a presentar para gañar- comeza a construírse desde xa. Soberanamente

Comentarios