Opinión

Novos pasos cara o remate do conflito

Desde a declaración por parte de ETA do fin da loita armada Euskal Herria vive un novo tempo, un tempo de esperanza e de búsqueda de novos camiños para a paz e para a independencia, pero non tod@s os actores presentes dan pasos, por contra hai quen mantén os atrancos ou amenaza con poñer outros maiores.

Desde a declaración por parte de ETA do fin da loita armada Euskal Herria vive un novo tempo, un tempo de esperanza e de búsqueda de novos camiños para a paz e para a independencia, pero non tod@s os actores presentes dan pasos, por contra hai quen mantén os atrancos ou amenaza con poñer outros maiores.

Un pode entender que o españolismo non apoie ou que incluso faga o posibel para que non se dean pasos que permitan avanzar cara a independencia; sabemos que por concepción ideolóxica o españolismo é contrario ao dereito do povo basco a decidir sobre o seu futuro, por tanto o seu posicionamento neste aspecto é lóxico e non debe estrañar.

"Non é entendíbel o inmovilismo diante de movementos que buscan a paz por parte de quen se autocalifican de “verdadeiros demócratas”

Pero non é entendíbel o inmovilismo diante de movementos que buscan a paz por parte de quen se autocalifican de “verdadeiros demócratas” e que durante decenios argumentaron que só o fin da loita armada podía abrir camiño á reconciliación e á desaparición das medidas extraordinarias en materia penitenciaria e xudicial, medidas contrarias aos  dereitos humanos como a dispersión de presos políticos en cadeas distantes centos de quilómetros ou a prisión de persoas por defender métodos pacíficos de loita.

Nesta fin de semana o EPPK (Colectivo de Presas e Presos Políticos Bascos) deu a coñecer por medio dun comunicado as conclusións do longo debate interno que mantivo nos últimos meses, un comunicado de trascendental importancia tanto polo significado e peso simbólico do colectivo como polo feito de que no mesmo deixan clara a súa aposta por buscar unha saída definitiva ao conflito e adoptan a valente e difícil decisión de mudar o seu tradicional posicionamento de só aceptar unha saída colectiva por medio dunha negociación política que englobara ao conxunto do colectivo de presos e presas. 

"O EPPK deu a coñecer un comunicado trascendental tanto polo significado como polo feito de deixar clara a súa aposta por unha saída definitiva ao conflito"

Ninguén poderá negar que a asunción da responsabilidade e das consecuencias das súas accións e a opción por aceptar que se estude cada caso e que poderá supor saídas escalonadas é unha nova mostra de que todos os sectores da esquerda abertzale apostan con feitos polo fin do conflito violento e das súas consecuencias.

Agora só resta ver se hai movementos da outra parte, fundamentalmente do goberno español, e nisto son pesimista pois até agora o seu inmovilismo veu acompañado sempre de declaracións e actitudes que fan sospeitar que estaban moito máis cómodos na situación que se vivía antes do 20 de novembro de 2011 cando ETA deu por rematada a súa actividade armada.

Comentarios