Opinión

Morreu Madiba, o preso 466/64

Vén de morrer hai unhas horas Nelson Mandela líder da loita pola verdadeira independencia de Sudáfrica pois mentres non rematou a discriminación racial sobre a maioría da poboación non podemos considerar ao pobo sudafricano verdadeiramente independente.

Mandela consagrou a súa vida á loita polos dereitos do seu pobo, dos seus case 95 anos pasou 27 en diversas cadeas como castigo pola súa militancia activa na loita contra a segregación racial e por unha Sudáfrica verdadeiramente democrática.

Vén de morrer hai unhas horas Nelson Mandela líder da loita pola verdadeira independencia de Sudáfrica pois mentres non rematou a discriminación racial sobre a maioría da poboación non podemos considerar ao pobo sudafricano verdadeiramente independente.

"A súa estadía na prisión e a negativa do rexime racista a adoptar calquer medida que permitirá atenuar a situación de quen se mantiña firme na defensa dos dereitos do seu pobo fixeron de Mandela unha figura de dimensión internacional na loita polas liberdades"

Mandela consagrou a súa vida á loita polos dereitos do seu pobo, dos seus 95 anos pasou 27 en diversas cadeas como castigo pola súa militancia activa na loita contra a segregación racial e por unha Sudáfrica verdadeiramente democrática.

Nos seus primeiros anos de militancia Mandela compatibilizaba o traballo como avogado dando apoio legal a moitos compatriotas da súa mesma raza que non posuían medios para acceder á xustiza, coa participación nas campañas de desobediencia civil dirixidas pola súa organización o Congreso Nacional Africano, defendendo métodos de loita como a resistencia pacífica e encabezando en 1952 a intensa Campaña polo Desafío ás Leis Inxustas con importantes mobilizacións de masas por todo o país.

Pero partidario fundamentalmente deses métodos, loita de masas e das accións pacíficas,  non tivo problema poucos anos despois, impresionado pola matanza en Sharpeville de 69 persoas desarmadas entre elas nenos a mans da policía, en advertir nun dramático discurso de que o tempo das accións pacíficas tiña pasado e debían prepararse para empregar outros; crearíase pouco despois o Umkhonto we Sizwe (Lanza da Nación) como brazo armado do Congreso Nacional Africano, un brazo armado dirixido durante un tempo polo mesmo Mandela despois de ter recibido entrenamento militar no exterior.

A súa estadía na prisión e a negativa do rexime racista a adoptar calquer medida que permitirá atenuar a situación de quen se mantiña firme na defensa dos dereitos do seu pobo fixeron de Mandela unha figura de dimensión internacional na loita polas liberdades, provocando isto xunto coas mobilizacións e a actividade armada unha importante desestabilización interna e un progresivo desgaste na imaxe dunha Sudáfrica que lembremos contou en todo momento co apoio de Israel e dos EEUU.

"Para a historia queda o seu firme compromiso coa liberdade do seu pobo e coa igualdade entre as razas, un compromiso que o levou ao extremo de asumir o sacrificio de vivir privado de liberdade"

En varias ocasións o goberno tentou a Mandela, ofrecéndolle a liberdade a cambio dunha renuncia aos seus obxectivos políticos e dunha denuncia expresa da actividade do clandestino Congreso Nacional Africano; pero non o deron conseguido. Foi o propio Mandela a mediados dos oitenta do século pasado e con perto de 70 anos quen tomou a iniciativa de tentar abrir conversas co goberno nun momento no que o país estaba baixo unha verdadeira guerra civil. As conversas deron en negociacións que co tempo porían fin ao rexime de segregación e permitirían o acceso da maioría negra ao poder da man de Mandela e do Congreso Nacional Africano.

A de Mandela foi unha vida longa e intensa, pese a pasar 27 anos na cadea, e por tanto non estivo exenta de contradicións, algunhas de sobra coñecidas e outras non tanto,  pero para a historia entendo que queda o seu firme compromiso coa liberdade do seu pobo e coa igualdade entre as razas, un compromiso que o levou ao extremo de asumir o sacrificio de vivir privado de liberdade, duarnte moitos anos en condicións infrahumanas, ou a sentarse fronte a fronte para negociar con algúns dos responsábeis directos do seu sofrimento.

“Promovín o ideal dunha sociedade democrática e libre na cal todas as persoas poidan vivir en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal polo que agardo vivir, até logralo. Pero se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer”. (Nelson Mandela)

Comentarios