Opinión

A matanza é a linguaxe política de Israel

O estado sionista de Israel está a levar adiante nestes días unha nova matanza na franxa de Gaza por medio dunha operación militar que en palabras do ministro de defensa Moshe Yaalon “non rematará en cuestión de días”, operación que se nos presenta como defensiva e en suposta resposta aos foguetes lanzados por milicianos de Hamás contra cidades israelís e que ten provocado só en tres días ducias de mortes de civís palestinos. 

O estado sionista de Israel está a levar adiante nestes días unha nova matanza na franxa de Gaza por medio dunha operación militar que en palabras do ministro de defensa Moshe Yaalon “non rematará en cuestión de días”, operación que se nos presenta como defensiva e en suposta resposta aos foguetes lanzados por milicianos de Hamás contra cidades israelís e que ten provocado só en tres días ducias de mortes de civís palestinos. 

"Esas operacións non son outra cousa que matanzas indiscriminadas, fundamentalmente de povoación civil sen que Israel lle fagan ascos a matar nen@s ou anciáns que na súa linguaxe son só danos colateriais"

Perdemos xa a conta de cantas operacións supostamente defensivas ten executado contra a povoación civil palestina o exército do estado sionista nos últimos anos, pois estamos diante dunha actuación planificada e executada por aqueles que se enchen a boca invocando os crimes do nazismo contra os xudíos mentres eles fan algo moi semellante co povo palestino.

A mobilización de 40.000 reservistas por parte de Israel, as palabras do ministro de defensa antes sinaladas ao respecto dunha longa duración da operación e as amenazantes declaracións do primeiro ministro  Benjamin Netanyahu dicindo que vai sendo hora de que o exército israelí tire as luvas de seda abren de novo unha negra perspectiva na rexión, pois a experiencia recente dinos que esas operacións non son outra cousa que matanzas indiscriminadas, fundamentalmente de povoación civil sen que Israel lle fagan ascos a matar nen@s ou anciáns que na súa linguaxe son só danos colateriais dos que sempre culpabilizan aos propios palestinos por supostamente  situarse na liña de fogo.

A chamada comunidade internacional unha vez máis pechará os ollos diante da matanza ao contar Israel co apoio incondicional dos EEUU faga o que faga, dándolles igual o que digan as organizacións de dereitos humanos ou as xa totalmente desprestixiadas Nacións Unidas carentes de autoridade para impoñer as súas resolucións a un estado que conta con dereito de pernada. Lembremos que na última operación deste tipo executada a finais de 2012 o Consello de Dereitos Humanos da Nacións Unidas denunciou que se usaron armas químicas en zonas habitadas e non houbo nin sancións nin represalias.

"O obxectivo real desta nova operación militar é desestabilizar Palestina cunha operación de castigo que remate por enfrontar de novo aos grupos palestinos e rache o acordo ao que chegaron recentemente a Autoridade Nacional Palestina e Hamás para formar un goberno de unidade e reconciliación"

Nesta ocasión a escusa inicial foi a necesidade de castigar aos responsábeis do secuestro e asasinato de tres mozos israelís no pasado mes de xuño, asasinatos dos que Netanyahu responsabilizou directamente a Hamás pese a ter sido reivindicados según diversas fontes por un novo grupo armado vinculado ao EIIL (Estado Islámico de Iraq e o Levante) que como está probado foi financiado inicialmente polos servizos secretos de EEUU na súa campaña para derrotar ao presidente sirio Bashar al-Asad sendo responsábel das matanzas que se están a producir en territorio sirio nos últimos tempos.

Pero calquera  que acompañe os movementos políticos que se están a dar na zona decatarase de que o obxectivo real desta nova operación militar é desestabilizar Palestina cunha operación de castigo que remate por enfrontar de novo aos grupos palestinos e rache o acordo ao que chegaron recentemente a Autoridade Nacional Palestina e Hamás para formar un goberno de unidade e reconciliación, e a unión cando menos a nivel político da Cisxordania baixo goberno da ANP e unha Gaza que goberna Hamás; acordo que tamén falaba dunha convocatoria de eleccións nos dous territorios nun prazo de seis meses.
Israel emprega a única linguaxe que entende, a da forza e o sangue, unha linguaxe que sempre lle reportou importantes beneficios, pois ao perpetuar a situación de inestabilidade o seu principal valedor, os EEUU, precisa defendelo faga o que faga como xeito de garantir unha presenza forte e influínte nunha zona estratéxica.

Comentarios