Opinión

“Más de lo mismo”

Non teño problema en recoñecer que concordo con parte das declaracións feitas esta tarde polo ministro do interior do goberno español; unhas declaracións que sen dúbida son froito dunha intensa sesión de reflexión relixiosa  propia da Santa Cruzada da que é cabaleiro, reflexión na que como é menester foi asesorado por Santa Teresita de Ávila e o Beato Jose María.

Non teño problema en recoñecer que concordo con parte das declaracións feitas esta tarde polo ministro do interior do goberno español; unhas declaracións que sen dúbida son froito dunha intensa sesión de reflexión relixiosa  propia da Santa Cruzada da que é cabaleiro, reflexión na que como é menester foi asesorado por Santa Teresita de Ávila e o Beato Jose María.

"Ao longo da tarde as declaracións dos representantes do españolismo foron por enésima vez “más de lo mismo”.

“Más de lo mismo” e “un ejercicio de teatralización” foi o que dixo este candidato aos altares da santidade Jorge Fernández Díaz, un home  que como é sabido atopou hai anos a luz e o camiño de Deus estando supoño que de peregrino no coñecido santuario relixioso de Las Vegas nos Estados Unidos.

Pero que ninguén se despiste, as palabras de Fernández Díaz non se referían ao aburrido consello de ministros teatral do que acababa de saír senón á primeira constatación real da irreversibilidade da decisión adoptada por  ETA o 20 de novembro de 2011 de abandonar a loita armada.

E digo que concordo con Fernández Díaz porque ao longo da tarde as declaracións dos representantes do españolismo foron por enésima vez “más de lo mismo”.

"O PP no goberno  nega calquer avance no proceso de normalización da convivencia nunha Euskal Herria que dá por perdida"

O PP no goberno nas súas declaracións nega calquer avance no proceso de normalización da convivencia nunha Euskal Herria que dá por perdida, pois de non facelo así perde posicións no caladeiro de votos da España profunda que engordou ao longo de décadas cunha mensaxe dirixida ás vísceras e non aos cerebros.

O PSOE sen autonomía para actuar en Euskal Herria e agardando no estado o seu momento, nese turnismo pactado na chamada transición para repartirse a presenza no goberno non se aclara e fala ao mesmo tempo de “pequeño gesto” e “gran victoria de los demócratas”.

E unha IU, presa do seu tacticismo e da súa incapacidade para ler o contexto basco, nas súas declaracións equipara o para ela testimonial xesto co inmovilismo do goberno español e destaca que só agarda un desarme definitivo e non por etapas.

"Euskal Herria vive un momento histórico aberto pola decisión da esquerda abertzale de abrir un novo sendeiro, o problema é que a outra parte fai todo o posíbel por manter vivo o conflito". 

Ten razón tamén Fernández Díaz ao falar de “un ejercicio de teatralización” pois cada vez está máis claro que é puro teatro, pero teatro do malo, o que representen estas organización políticas cando se trata de falar das nacións existentes no estado español.

Calquera persoa atenta á historia recente do povo vasco que faga unha valoración racional e imparcial da comparecencia da comisión internacional de verificación non terá dúbida en recoñecer que a inutilización por parte de ETA desa pequena parte do seu arsenal ten un grande valor, moito máis cualitativo que cuantitativo.

Como xa dixen outras veces Euskal Herria vive un momento histórico aberto pola decisión da esquerda abertzale de abrir un novo sendeiro, o problema é que a outra parte fai todo o posíbel por manter vivo o conflito. 

Comentarios