Opinión

O linchamento

Non sei cal é a responsabilidade que este home tivo no fatal accidente, pero si sei que desde hai décadas os diversos gobernos do estado veñen desmantelando empresas públicas entre elas a empresa estatal de ferrocarrís, por iso non me cabe dúbida da responsabilidade que eses gobernos teñen sobre os problemas no trazado da vía e na ausencia na mesma de mecanismos de seguridade que de ter existido poderían reducir as gravísimas consecuencias do accidente ou segundo din algúns expertos na materia telo evitado.

As consecuencias do grave accidente de ferrocarril en Angrois acontecido na véspera do Día da Patria Galega estanse focalizando de xeito moi intelixente por aqueles que deberían darnos unha explicación ao acontecido cara dous noxentos espectáculos, o primeiro é a búsqueda de calquera tipo de dado sobre a intimidade das vítimas que permita alimentar o morbo e o segundo o linchamento do maquinista, polo de agora só mediático pero xa veremos se tamén xudicial.

"O que verdadeiramente interesa é o linchamento mediático do maquinista igual que na noite do 24 interesaba facer correr o rumor de que estábamos diante dun atentado"

Non sei cal é a responsabilidade que este home tivo no fatal accidente, pero si sei que desde hai décadas os diversos gobernos do estado veñen desmantelando empresas públicas entre elas a empresa estatal de ferrocarrís, por iso non me cabe dúbida da responsabilidade que eses gobernos teñen sobre os problemas no trazado da vía e na ausencia na mesma de mecanismos de seguridade que de ter existido poderían reducir as gravísimas consecuencias do accidente ou segundo din algúns expertos na materia telo evitado.

Pero o que verdadeiramente interesa é o linchamento mediático do maquinista igual que na noite do 24 interesaba facer correr o rumor de que estábamos diante dun atentado, e xa sabemos que a suma de atentado e vésperas do 25 de xullo dá como único resultado posíbel “terrorismo nacionalista”.

Nestes poucos días que pasaron desde o terríbel accidente creo que houbo outr@s que en base lóxica que se nos quere impoñer deberían entrar nesa lista de candidat@s ao linchamento: 

"Nestes poucos días que pasaron desde o terríbel accidente creo que houbo outr@s que en base lóxica que se nos quere impoñer deberían entrar nesa lista de candidat@s ao linchamento"

  • os responsábeis de informativos das diversas empresas de comunicación que nas horas posteriores ao accidente difundiron a teoría do atentado, 
  • o presidente de La Voz de Galicia por permitir que un xornal “serio” dera a impresión de ser o folleto publicitario das ofertas dunha carnicería, 
  • o Presidente do goberno español pola nota de condolencia que mesturaba o accidente de Androis co terremoto acontecido na China días antes, 
  • os nosos queridos monarcas e o fillo; ela entrando no hospital cun grande sorriso, el facendo unhas declaracións supostamente de pesar que semellaban propias de quen tivera algún exceso na sobremesa do xantar, e o fillo sendo incapaz de dicir palabras sentidas de pésame e agradecemento sen consultalas na pda, 
  • os responsábeis políticos da aprobación de proxectos que non instalan na Galiza as medidas de seguridade máis modernas, 
  • unha Xunta de Galiza que organiza un funeral relixioso saltándose a separación que debe haber entre as institucións relixiosas e as civís.

Cando decidan sobre o linchamento ou non de tod@s est@s que me chamen e falamos do maquinista.

Comentarios