Opinión

Exterminio

Estivemos estes días en Polonia e entre as visitas obrigadas como é lóxico non podían fallar o que se conserva do gueto xudeu de Cracovia, a reconstrución e recreación de elementos do de Varsovia (do orixinal non se conserva nada ao ter sido a cidade  totalmente arrasada na II Guerra Mundial) e os campos do complexo de exterminio de Oswiecim (nome real polaco da zona na que foron construídos polo nazis que lles deron o nome alemán e hoxe mundialmente coñecido de Auschwitz). A experiencia de visitar lugares que foron escenario de feitos históricos de trascendencia sempre me leva a reflexionar e a trasladar algúns  dos elementos deles á actualidade, consciente de que a historia non se repite pero sabedor tamén de que en determinadas ocasións a frase de Marx “a historia repítese primeiro como traxedia e despois como farsa”  é moi certa.

Estivemos estes días en Polonia e entre as visitas obrigadas como é lóxico non podían fallar o que se conserva do gueto xudeu de Cracovia, a reconstrución e recreación de elementos do de Varsovia (do orixinal non se conserva nada ao ter sido a cidade  totalmente arrasada na II Guerra Mundial) e os campos do complexo de exterminio de Oswiecim (nome real polaco da zona na que foron construídos polo nazis que lles deron o nome alemán e hoxe mundialmente coñecido de Auschwitz). A experiencia de visitar lugares que foron escenario de feitos históricos de trascendencia sempre me leva a reflexionar e a trasladar algúns  dos elementos deles á actualidade, consciente de que a historia non se repite pero sabedor tamén de que en determinadas ocasións a frase de Marx “a historia repítese primeiro como traxedia e despois como farsa”  é moi certa.

"Algunhas das persoas coas que compartíamos visita extrañábanse diante das explicacións da guía de que para os nazis o seu labor nos campos tiña un horario como o de calquer outro traballo"

Non vou restar importancia ao que significou a planificada operación que tiña por obxectivo o exterminio do povo xudeu e de outros povos como ciganos ou eslavos xunto con elementos “asociais” como os homosexuais ou inimigos perigosos como @s comunistas.

É un feito histórico incuestionábel que o rexime nazi tiña unha folla de ruta perfectamente deseñada e nela ocupaban lugar preferente @s xude@s, por iso impresiona estar na praza de entrada do gueto de Cracovia na que hoxe unhas esculturas de cadeiras baleiras idea do cinenasta polaco Roman Polanski  representan o baleiro que deixaban @s xude@s que eran transportados desde alí aos campos de exterminio.  Lonxe de min tamén negar o sentimento de desacougo que nos inundou ao entrar nunha das cámaras nas que eran gasead@s en sesións de 20 minutos escasos 2000 persoas dunha atacada, ao ver os fornos crematorios  de cadáveres ou algunhas das fotografías de persoas convertidas en experimentos de laboratorio de Josef Mengele, de Carl Clauberg e de outros “científicos” nazis.

Algunhas das persoas coas que compartíamos visita extrañábanse diante das explicacións da guía de que para os nazis o seu labor nos campos tiña un horario como o de calquer outro traballo con horario de entrada e saída e que o remate a xornada permitíalles con total normalidade disfrutar da compaña das súas familias coas que vivían nas cercanías do perimetro dos campos ou como moito a uns poucos quilómetros dos mesmos.

Había entre quen compartían visita connosco quen manifestaban o seu abraio diante do negocio que facían  algunhas empresas alemanas e os propios nazis coas pertenzas de toda aquela xente que entraba pero non saía dos campos de exterminio: dentes de ouro, alfaias, lentes, roupa, cabelo,.... 

E a visita tamén nos permitiu comprobar o nivel e o xeito de reescribir  a súa propia historia que teñen algunhas institucións supostamente moi respetábeis; foi forte, verdadeiramente forte, escoitar a quen polo séquito de acompañantes semellaba ser alguén importante na estrutura do Opus Dei dicir que era incríbel pensar que eses crimes eran cometidos por seres humanos, que a xente vivira así ou que @s obrigaran a traballar como  escrav@s. Comentarios todos eses que viñan dun membro dunha institución como a igrexa católica que ao longo da súa traxectoria histórica ten empregado maiormente a espada e non a cruz como elemento  evanxelizador. 

Ao longo do percorrido nós comentabamos que non estaría de máis levar a dar unha volta por eses campos de exterminio e someter aínda que fora só por uns días ás condicións que soportaron neles @s prisioneir@s ás autoridades israelís, a Obama ou aos líderes da Unión Europea; todos eles protagonistas dalgúns dos actuais procesos de exterminio xa sexa por intervención directa, indirecta ou pola súa pasividade consentidora. Operacións que pouco ou nada deben envexar ás da perfecta maquinaria nazi.

Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e ese povo  vive nun verdadeiro campo de concentración rodeado por un muro semellante ao que rodeaba os guetos xudeus ou os campos de concentración da época nazi.

"Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e o novo nazi que se declara elexido por deus para edificar un IV Reich chámase Israel".

Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e ese povo a cada pouco atura unha operación militar de castigo por cometer o delito de defender o seu dereito a existir e resistir ao aniquilamento.

Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e nuns outeiros perto de Gaza cando cae e noite familias israelís do máis normal teñen por costume sentar a disfrutar dos fogos artificiais de festa  producidos polos proxectís que o seu exército dispara contra as vivendas de civís palestin@s indefens@s.

Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e ese povo deféndese co que pode, empregando desde pedras até foguetes fronte á poderosa maquinaria bélica do cuarto exército máis moderno e mellor armado do planeta.

Hoxe estase executando unha operación de exterminio dun povo en Palestina, e o novo nazi que se declara elexido por deus para edificar un IV Reich chámase Israel.

E hoxe non se pode negar que a historia repítese como farsa, unha farsa sanguenta, porque de levantar a cabeza Hitler atoparía con que aqueles que tentou aniquilar por ser impuros están a executar ese novo exterminio e contan co inestimábel apoio de alguén como Barack Obama, outro membro dunha raza non aria e por tanto nos cánones nazis, unha raza inferior.

Comentarios