Opinión

O equipo do ensino público galego

Suso, Mercedes, Sabela, Divina, Cibrán Anxo, Xoán, Manuel, Manuel, Sonia, Olga, Anxos, Carme, Magoia, Marina, Antón, Xosé, Esperanza, Luis, Rebeca, Lucía, Arturo, Alonso, Carlos, Santi, Sara, Antón, Marta e Anxo que aparecen neste vídeo son protagonistas dun futuro que se constrúe día a día. 

Suso, Mercedes, Sabela, Divina, Cibrán Anxo, Xoán, Manuel, Manuel, Sonia, Olga, Anxos, Carme, Magoia, Marina, Antón, Xosé, Esperanza, Luis, Rebeca, Lucía, Arturo, Alonso, Carlos, Santi, Sara, Antón, Marta e Anxo que aparecen neste vídeo son protagonistas dun futuro que se constrúe día a día. 

"Saben que para facer realidade ese ensino público galego polo que traballan precisan un país que poida decidir sobre o seu futuro"

Son ensinantes de todos os niveis e de distintas xeracións, de cidades, de vilas e do rural; son ensinantes que podían ter optado pola postura cómoda de non mollarse e dedicarse simplemente a desenvolver o seu labor docente cumprindo horario e punto, ou podían ter decidido participar de opcións menos arriscadas seguindo algunhas modas imperantes, ou comulgar co que hai, ou como moito ser partidari@s de darlle unha simple capa de pintura ao edificio para que pareza ser o que non é.

Tod@s el@s decidiron participar na construción da mellor ferramenta coa que conta hoxe o ensino en Galiza, pois saben que cada un ou cada unha en solitario non poderemos mudar as cousas, porque saben que un mestre e unha mestra, un profesor e unha profesora non son outra cousa que un traballador e unha traballadora e por tanto deben ir cóbado con cóbado co resto da clase traballadora sen compartimentos estancos e sen castas.

Saben que para facer realidade ese ensino público galego polo que traballan precisan un país que poida decidir sobre o seu futuro, un país no que as xeracións de nenos e nenas, de mozos e mozas que pasan polas súas aulas non teñan que marchar á emigración.

"Nas eleccións sindicais do día 4 de decembro eu e milleiros de compañeiros e compañeiras témolo claro e por iso  son o noso equipo, o equipo que nos dá confianza, o equipo do ensino público galego, o equipo da CIG-ENSINO". 

Saben que o mellor xeito de enfrontarse á política privatizadora e lingüicida da Consellería de Educación é dando todo o mellor de si mesm@s no día a día do seu labor profesional ao tempo que se mobilizan na defensa dos seus dereitos e dos dereitos colectivos.

Conscientes da súa responsabilidade fan todo o posíbel por actualizarse, formándose e aplicando no seu centro todo aquilo que lles permita mellorar o seu labor docente

Ademais son quen de organizar e participar de múltiples actividades fóra das aulas demostrando que o profesorado é un elemento activo de transformación social.

O día 4 de decembro examínanse pero aínda que todo exame ten o seu aquel de nerviosismo e de interrogante hai un traballo nestes catro anos que @s avala, un traballo a pé de obra, compartindo cos compañeiros e compañeiras nos centros as loitas contra os recortes e contra a LOMCE, e saben que fronte ao atracón de última hora propio de mal@s estudantes o que dá resultado é o traballo diario

Nas eleccións sindicais do día 4 de decembro eu e milleiros de compañeiros e compañeiras témolo claro e por iso  son o noso equipo, o equipo que nos dá confianza, o equipo do ensino público galego, o equipo da CIG-ENSINO. 

Comentarios