Opinión

Virus de plastilina

L embrades? Eran só uns "hilillos en estiramento vertical" pero acabou sendo a peor marea negra da historia galega. No relato oficial, o rebrote da Covid-19 na Mariña comezou sendo cousa de dous ou tres bares, cousa da xente nova, cousa do porto de Burela… sen sabermos aínda en que pode acabar, si sabemos que, de momento, ademais da demostración do irresponsable que foi convocar as eleccións dadas as circunstancias, a inacción de Feixoo diante do posible descontrol da pandemia constitúe a desmontaxe en directo do mito do bo xestor escrito pola prensa subvencionada para algodonar a imaxe do candidato do PP.

Á espera de que explique cal é o criterio epidemiolóxico que recomenda fechar a comarca da Mariña cinco días, Feixoo tamén debería comunicar o seu plan para que as videiras eleccións se poidan celebrar coas mínimas garantías democráticas

Comentarios