Opinión

Tarefas

A  tarefa de Feixoo  nesta campaña inédita é meter o país en formol. Piloto automático. Cruzar os dedos para que o rebrote do virus non afecte ao voto dos vellos  e agardar a que o Photoshop mediático engaiole o 10% de votos socialistas necesarios.

Malia a nugalla do PSOE, a tarefa de Gonzalo Caballero debería consistir en repetir os resultados de 2019. Organicamente frouxos, os socialistas representan unha corrente política presente na sociedade galega que, peor ou mellor, se verá reflectida nos resultados.

A tarefa de Ana Pontón é a de incentivar a mobilización de toda a esquerda. Valorizar a organicidade do BNG como representante da corrente histórica galeguista en todas as súas decantacións. Apelar ao elevado número de indecisas, á xente nova e ás mulleres. Concentrar o voto e evitar que a dispersión do mesmo penalice o reparto  de escanos.

Comentarios