Opinión

Socialdemócratas

Finaliza a campaña e as forzas políticas tratan de botar o resto. Desinihibido, Feixoo pediu o voto “dos socialdemócratas”. Pinchacarneiro menos estrafalario tras o lifting da prensa progresista española.

Antes de que fose a palabra devaluada que hoxe é, socialdemocracia significaba intervención do Estado na economía. Pero intervención da de verdade: empresas públicas, déficits monetizados, combate á financiarización… Máis aínda, antes da revolución rusa, socialdemocracia era o espazo político co que se identificaba tanto un Lenin coma un Kautski. Pouca broma.

Hoxe a socialdemocracia vale tanto para un roto como para un descosido. Agora ben, que socialdemócrata digno de tal tradición pode votar o campión do déficit cero, da “colaboración públicoprivada” e do Estado social mínimo sen que Olof Palme bote as mans á cabeza desde o ceo?

Comentarios