Opinión

Polemiquiñas

A polemiquiña do momento é a da "madrileñofobia". Para surfear a onda, Feixoo ensaiou unha das súas cadraturas do círculo: pediu ao Goberno central o control da poboación que se movese a Galiza e entoou un cántico de benvida aos turistas que viaxasen a "provincias". Se a cousa dá en rebrote ten a quen culpar; se non, ten outra medalla que pór.

Abel Caballero, que entra na precampaña galega para rebentar a ídem do seu sobriño, saíu, en modo Vox a suxerir que na "Nación" o dereito dos foráneos a mollar os pés é superior ao dereito dos aborixes á saúde.

Para alivio dos cayetanos agraviados, en Sabón levaban un par de días con artigos e enquisas online tratando de taponar a emerxencia de calquera contido político articulado en chave galega da polemiquiña.

Velaí, pois, como se fabrica a "ordem e o progresso" no oasis feixoniano a custa de todas nós.

Comentarios