Opinión

Marcas

A forza do PPdG mídese pola potestade dos seus líderes para difuminar as siglas estatais. O xefe dos birretes amaga coa boina ante Casado e Vox.

O PSdeG sempre foi un sindicato de alcaldes sen proxecto galego. Aí segue. A aposta é a marca PSOE e a maxia simbólica que, en principio, implica ter o Goberno central.

Sorteado o tempo da antipolítica, a marca BNG revalorízase. A fronte só mudou o deseño, adoptando a amable caixa baixa, para regresar con forza.

P's e EU concorreron como Galicia en Común ás xerais de 2019. Anova daquela non se metía en política. Agora aceptou o nome e unha cor corporativa que lembra a do partido morado. Retrato fiel da correlación de forzas.

Marea Galeguista é un disgregador do voto que arela pescar no despiste. A cousa non funcionou coa marca En Marea en 2019 e non vai funcionar desta volta. A xente  non é imbécil.

Comentarios