Opinión

Home de negro

Feixoo non é un galego coma ti. Feixoo é un Home de negro. Estes expiden memorandos coa falta de implicación do burócrata kafkiano. A lóxica feijonita é a mesma.

Durante unha década desmantelou as áreas asistenciais autonómicas e renunciou a reclamar novas competencias. Ao tempo, abstíñase de levar a cabo calquera tipo de política industrial e de emprego ou calquera estratexia para a vertebración do país. Chamoulle xestión ao que el facía, ideoloxía ao que propuñan os adversarios e regou con subvencións os grandes medios para predicar a boa nova.

Feixoo é un neoliberal aséptico ao que só en campaña lle dá por pór o traxe de neno dos Peares. El é un contorsionista, alguén coa falta de escrúpulos suficiente como para repartir medallas Castelao e non dar chío porque o seu partido comparta Gobernos con aqueles que defecan no legado do rianxeiro.

Comentarios