Opinión

Contexto

O contexto estatal das eleccións galegas é o dunha longa crise económica combinada cunha crise política na que a aritmética das forzas españolas non suma sen os "periféricos". Horizonte próximo do stablishment? A xestión dos cartos da UE (e da posible austeridade).

Unamos os puntos: operación Cs, xornalistas progres con Feixoo, regreso de Soraya S. de Santamaría, manifesto cun novo "esto lo arreglamos entre todos", aquiescencia UGT-CCOO-patronal, movementos en PRISA, negativa a investigar o emérito, negativa a investigar González. Felipe VI no limbo. Dereita golpista coma coco. Neutralización da política.

Alén dun gran refacho de esperanza para o país, que significaría a derrota de Feixoo e o auxe do soberanismo? Unha nova emenda ao repregamento da casta e o fortalecemento da hipótese republicana e plurinacional na democratización  do Estado.

Comentarios