xoves 16.07.2020

Búmerang

A     petición que circula na rede reclamando a devolución das comisión abusivas de Abanca e mais a condena do TSXG á Xunta por ocultar documentos sobre o proceso de fusión das caixas trouxeron do pasado un dos grandes fiascos da década Feixoo: a liquidación do sistema financeiro galego. Un boicot ao país consistente en malvender a ferramenta fundamental para implementar calquera política industrial digna de tal nome.

Non é o único. Outro búmerang, este arrebolado polo propio PP, foille devolto ipso facto. Co "non grazas" dos colexios profesionais ao cheque-caciquil autografado por Feixo0, os sanitarios -que levan anos protagonizando mobilizacións masivas contra os recortes no Sergas- déronlle nos fociños ao líder do PP.

E é que o oasis ten demasiados cadáveres no armario. Os walking deads empéñanse en reaparecer para augar a festa dos populares

comentarios